10 Relatos Eróticos de Escritoras Galegas:
Carmen Blanco, María Lado, Verónica Martínez, Raquel Miragaia, Teresa Moure, Emma Pedreira, Isabel Rei Samartim, Susana Sánchez Aríns, Rexina Vega e Eva Xanim.
O vindeiro 22 de outubro, venres, ás 18:30 h, no local da Asociación Mulleres e Palabras, situado na rúa Zaragoza 3, en Vigo teremos unha xuntanza presencial con Rexina Vega e Isabel Rei Samartim onde comentaremos este libro de relatos eróticos onde as mulleres son protagonistas e non agardan paradas a que se desenvolve a escena. O resultado é unha visión amplia de erotismo e sensualidade contada por mulleres.
Ao remate do faladoiro sobre o libro teremos o pracer de escoitar a Isabel Rei Samartim, tocará un breve programa de guitarra galega.
Precisamos inscrición previa ou polo whatsapp 655823803 ou polo correo electrónico mulleresepalabras@gmail.com