A violencia dun sorriso
Autora: Thamizhachi Thangapandian (tradución María Reimóndez), Marta Dacosta, Susana Sánchez Aríns, Dores Tembrás, Patricia Meira Editorial: Implicadas no desenvolvemento Publicado: 2016 ISBN: 9788494273902 Contido: 63 Idioma: galego
Resumo:
Implicadas no desenvolvemento. Tradución desde o támil do poemario de Thamizhachi Thangapandian por María Reimóndez e poemas de varias autoras galegas
T. Sumathy coñecida no mundo literario como Thamizhachi Thangapandian é licenciada en filoloxía inglesa con especialidade en literatura inglesa polo Thiagarajar Arts College de Madurai, en Támil Nadu, un estado da India no que viven máis de sesenta millóns de persoas. Entre o 1996 e o 2008 traballou como docente no Queen Mary’s college de Chennai. Como investigadora, en 2004, recibiu unha bolsa do AIC (Australia India Council) e doutorouse pola University of Madras en 2010.
Ademais de ser unha poeta de gran recoñecemento en lingua támil, as súas áreas de interese inclúen as literaturas poscoloniais, en particular de Sri Lanka e de Australia; literaturas da diáspora (en concreto da diáspora támil de Sri Lanka), a tradución crítica e as artes escénicas (o teatro támil). Publicou unhas doce obras en támil e unha en inglés. Neste momento dedícase á escrita e á interpretación.
A autora támil non é só unha das voces máis prestixiosas da escrita poética en lingua támil, senón tamén unha traballadora incansable a prol da palabra das mulleres. Thamizhachi ten colaborado con Implicadas nos seus programas de cooperación ao desenvolvemento en Támil Nadu.