A lavandeira de San Simón

Inicio/A lavandeira de San Simón
No hay una imagen disponible

A lavandeira de San Simón

 Autora: Eva Mejuto / Ilustradora Bea Gregores  Editorial: Xerais  Publicado: 2020  ISBN: 978-84-9121-762-6  Contido: 40  Idioma: Galego  Web da ou sobre a autora
 Resumo:

«Nunca vira esta parte da illa, nin a torreta nin o enreixado, nin os gardas cos fusís que vixiaban, nin os centos de homes que agardaban detrás deles, coa fame e o medo nos ollos. Desde a nosa casa só se vían unhas poucas árbores e a ponte. Máis nada. As cousas non sempre son como parecen…»A illa de San Simón foi, durante a Guerra Civil, cadea e campo de concentración de máis de seis mil homes inocentes. Moitas foron as mulleres que axudaron, desinteresadamente, a facerlles máis soportable a condena levando comida e roupa limpa á illa. Esta é unha de tantas historias de mulleres e crianzas que padeceron a represión e a inxustiza, e que loitaron por cambiar o mundo que lles tocou vivir.

Edición literarias, pequena memoria.

 Volver
Ir a Arriba