
A dúbida
Autora: María Reimóndez Editorial: Edicións Xerais Publicado: 2016 ISBN: 9788491210436 Contido: 136 Idioma: GalegoUnha muller é sorprendida pola chegada da policía a súa casa para deter o seu home, un político, por un presunto delito de abusos sexuais de menores. A acción de A dúbida desencadenase a partir dese feito, que provoca o conflicto psicolóxico desa muller que empeza a dubidar se coñecía realmente ao home. Un ritmo áxil, a profundidade do contido psicolóxico e a sutileza con que a novela trata temas de actualidade como os abusos sexuais e a corrupción política son os argumentos que valorou o xurado da decimocuarta Edición do Premio Novela por entregas de La Voz de Galicia.
En A dúbida a autora fai uso da súa experiencia como narradora para ofrecer unha historia que engancha a atención das lectoras e lectores e aborda, desde a denuncia social e a intriga, un tema pouco frecuente na literatura galega escrita con pulsión literaria e rigor.
XIV PREMIO DE NOVELA POR ENTREGAS DE LA VOZ DE GALICIA.