A casa de había unha vez

Inicio/A casa de había unha vez
No hay una imagen disponible

A casa de había unha vez

 Autora: Ana María Fernández / Ilustradoir: Enjamio  Editorial: Xerais  Publicado: 2021  ISBN: 9788497828970  Contido: 56  Idioma: Galego  Web da ou sobre a autora
 Resumo:

Quen no coñece aínda o conto do soldadiño de chumbo ou da Carapuchiña vernella? En «A casa de había unha vez» convídannos a realizar unha viaxe ó eterno mundo dos contos a través duns poemas nos que se entrecruzan dragóns e leóns, trasniños, raíñas e princesas, fadas encantadas e ras enmeigadas: Ó soldadiño de chumbo dóelle o pé de correr de guerra en guerra ó coxilipé. A princesiña do tupé está co seu zapato de tacón tomando un canapé coas damas no salón. No bosque encantando dos tres regatiños bailaban a polca os sete ananiños. A rata do lindo bigote, meteu os fociños no fondo do pote. O xastre, que era valente, enfadouse de repente e matou dunha patada sete moscas descaradas.Vinteoito poemas que piden ser recitados en voz alta para descubri-la música dos contos de sempre,» que ningún neno nin ningunha nena quererán deixar de escoitar.

 Volver
Ir a Arriba