A cámara do sangue e outros relatos

Inicio/A cámara do sangue e outros relatos
No hay una imagen disponible

A cámara do sangue e outros relatos

 Autora: Angela Carter / Tradución María Reimóndez  Editorial: Urco Editora  Publicado: 2019  ISBN: 9788494875588  Contido: 136  Idioma: Galego
 Resumo:

A Cámara do sangue é unha antoloxía de relatos, dez contos tradicionais, que a xornalista inglesa Angela Carter reescribiu en chave feminista desde o seu estilo persoal, baseado en “descompoñer, desbotar as pezas sobrantes e recompoñer cun espírito crítico, sarcástico e feminista a tradición que xa tiñamos asumida”.

Cunha linguaxe transgresora e indómita en A cámara do sangue, Angela Carter reescribe os contos que Perrault, os irmáns Grimm e Disney lograran asentar como un dos alicerces da cultura infantil e da sociedade en xeral. Unha cultura que ensinaba as cativas que debían ser submisas ou a sufrir un destino fatal se desobedecían.

Unha tradución de María Reimóndez  con prólogo de Emma Pedreira.

 Volver
Ir a Arriba