Xeremos procesos de inclusión, respecto e equidade.
Na data na que vivimos a maioría da ciudadanía pensa que as mulleres lésbicas xa están incluídas na sociedade, xa poden mostrarse publicamente, xa se poden casar, xa poden amosar as súas cores, xa poden manifestarse …
Que gran error. Simplemente respostando a estas preguntas xa podemos amosar parte da realidade.
De que forma a súa contorna lles amosa respecto pola súa condición de mulleres lésbicas ?
De que forma a súa contorna lles inclúe como mulleres lésbicas en actividades e eventos ?
A súa veciñanza favorece unha relación cordial ? As mulleres lésbicas síntense discriminadas pola súa condición ?
Responde o seu concello as súas necesidades en canto a servizos e programas ?
Ofrecelle variedade nos servizos e programas municipais ?
A súa contorna recoñece publicamente a contribución das mulleres lésbicas a sociedade ?
Atópanse incluídas na súa contorna ?
Atopan mulleres lésbicas na historia, como se van a identificar as edades tempranas se non se fala delas ?
Poderíamos seguir, pero xa nos podemos dar conta que as discriminacións existen, é moito. Non podemos mirar para outro lado, precisamos procesos de inclusión, respecto e equidade. Teñen que implicarse as administracións pero tamén a sociedade, tamén as persoas dun xeito individual.
Precisanse respostas das diferentes organizacións para tecer redes de apoio, contención e comunicación. Precisanse actualizar cuestións como traballo, acceso á saúde e programas de apoio das diferentes administracións.
É certo que grazas aos feminismos e organizacións LGTBI logrouse, grazas ao activismo, a ampliación de dereitos e garantías pero estamos a vivir momentos complicados, os fascismos queren rexurdir e temos que estar máis unidas que nunca. Loitemos para conquerir unha vida segura e libre de violencias para todas. Reivindiquemos o Día da visibilidade lésbica como un día máis dentro do activismo xa que este, non pode decaer.