O 25 de abril cúmprense 47 anos do alzamento militar que acabou cunha das ditaduras máis longas de Europa e que, ademais de traer a liberdade, permitiu que as mulleres portuguesas votasen por primeira vez.
As mulleres saíron á rúa e tomaron a palabra para expresar a súa opinión. Era a primeira vez que moitas falaban en público. Empezaron a estar presente na vida política.
Ata entón facían traballos escondidos e non recoñecidos. Non cotizaban polos seus labores. Tiveron entón dereito aos seus primeiros cartos. E por primeira vez moitas entraron en pastelerías e cafeterías. Ocuparon outros dominios e outros espazos.
A pesar dunha vida silenciosa, en moitos casos de portas cara adentro, a presenza das mulleres nos movementos políticos clandestinos era unha realidade. Silenciada.
Aqueles anos previos ao cambio de réxime, o obxectivo principal da loita era lograr a liberdade; non se podía loitar polo feminismo sen loitar pola liberdade. Toda a xente gañou co 25 de abril en Portugal. Pero as mulleres particularmente, porque de súpeto descubriron que podían saír á rúa, que podían dicir que non. Foran as vítimas máis silenciadas da ditadura. A exclusión que lles amordazaba manifestábase, entre outras cousas, cos habituais matrimonios forzados e coa cuestión da honra. A sociedade patriarcal era transversal en todas as ideoloxías.
Seguimos loitando contra o patriarcado e esta batalla tamén a imos a gañar.
FORZA COMPAÑEIRAS.