Mulleres e palabras

Mulleres e palabras é unha asociación de mulleres que realiza diferentes actividades para crear un espazo cómodo e libre de violencias. Queremos visibilizar ás mulleres e as súas obras, todo aquelo que queiran amosar, sexa no formato que sexa, relatos, artigos, ilustracións, poesía, cerámica …

Unha vez ao mes leémos un libro e intentamos contactar coa autora para que participe con nós nun faladoiro. Tamén facemos protagonista a unha ilustradora, amosamos parte da súa obra e publicamos unha entrevista con ela.

Creamos palestras sobre temas de actualidade, feitos ata agora prostitución e ventres de alugueiro.

O ano pasado fixemos dúas andanzas, por mor do corona virus e as medidas sanitarias non poidemos facer máis. Estivemos na Fervenza de Casariños, espectacular en Fornelos e na ruta do Río da Fraga en Moaña, apreciando os seus muiños. Este ano faremos máis.

Tamén facemos formación en igualdade, non deixes de ver o noso programa formativo, é moi interesante.

Formamos parte do Consello Municipal da Muller participando dunha forma activa na organización e nas actividades convocadas polo mesmo.

Como vés, somos moi activas e estaremos encantadas que participes con nós en todo o que che apeteza. Por último, temos máis de 100 libros de autoras galegas con perspectiva de xénero, libros para crianzas con linguaxe inclusivo e revistas e comics para deleite de todas. Temos un sistema de préstamo de libros, preguntános.